“Os tempos converteron en impopular a manifestación aberta do odio aos xudeus. Sendo este o caso, o antisemita busca novas formas e foros onde poder instalar o seu veleno. Agora agóchao tras unha nova máscara. Agora non odia aos xudeus, só é antisionista!!”.
Martir Luther King na súa "Carta a un amigo antisionista" 1967.

quinta-feira, maio 31, 2007

"LAS LLAVES PERDIDAS" EN RADIO SEFARAD




Os amigos de A.S.E.I. presentan en Radio Sefarad un programa "LAS LLAVES PERDIDAS". Un espazo de carácter semanal no que tratar, comunicar e debater os temas relacionados con Israel e o mundo xudeu en xeral. Pódese descargar cada domingo na web da Asociacion Solidaridad España-Israel (ASEI.) Os nosos parabéns a ASEI e a Radio Sefarad.

UN TERCEIRO AGASALLO PARA HAMAS



Por Yossi Beilin. O líder de Meretz, opina neste artigo acerca do contraproducente que sería para Israel, e o Medio Oriente en particular, unha hipotética incursión do Tzahal na Franxa de Gaza.

Hamas xa recibiu dous agasallos de Israel. O primeiro foi a desconexión unilateral da Franxa de Gaza. Non é necesario ser falcón ou pomba para entender que o feito de que o goberno de Sharón abandonase Gaza sen ningún tipo de negociación, acordos militares ou arranxos económicos, favoreceu a Hamas. Os fundamentalistas preséntanse agora diante da poboación palestina como unha organización capaz de facer que Israel -por medio do uso da forza e das ameazas- emprenda a fuga, sen que eles (Hamas) renuncien a ningún interese palestino básico, e mentres a Autoridade Nacional Palestina malgasta o seu tempo en negociacións infrutíferas co Estado israelí.
O segundo agasallo, foille outorgado polo goberno americano coa súa ridícula loita pola democratización global, e polo goberno israelí que admitiu a idea. Foi, tamén, a decisión de permitir participar a Hamas nas últimas eleccións parlamentarias palestinas, en completa contradición cos Acordos de Oslo. Agora queren recibir o seu terceiro agasallo: unha incursión masiva do Exército de Defensa de Israel na Franxa de Gaza, contraproducente para os intereses israelís porque colocaría en serio perigo aos habitantes da rexión occidental do Néguev, só porque "Israel necesita dar unha resposta a esta determinada situación".
A operación das forzas armadas israelís en Gaza serviría para unificar ás diferentes faccións internas de Hamas, establecería un denominador común para Hamas, Al Fatah e a Yihad Islámica, e diluiría as diferenzas entre aqueles que están preparados para negociar con Israel e os que nunca o recoñeceran como Estado. O Exército derramaría o sangue dos seus soldados nas trincheiras dos campos de refuxiados. A fráxil Autoridade Palestina entraría nun colapso total e no seu lugar Israel tería que impoñer novamente un réxime militar que sería o único responsábel de prover as necesidades inmediatas da poboación palestina nos territorios. De tal xeito, en lugar de que Israel reclame a intervención mundial, toda a responsabilidade seríalle atribuída ás súas forzas de ocupación; isto levaría ao fin dos Acordos de Oslo en Gaza, o que -ademais- xeraría accións violentas en Cisxordania.
Non estou seguro de que Hamas mereza este terceiro agasallo. E iso non significa -de todos modos- que Israel deba permitir que os fundamentalistas sigan facendo o que lles pareza. Unha acción eficaz contra os bandos que lanzan Kassam é obrigatoria. Pero un esforzo por parte de Israel para conseguir un armisticio en Cisxordania tamén é imprescindíbel. Foi un grave erro ter acatado as opinións das autoridades de seguridade, que se opuxeron a iso nos últimos meses. Era claro que un cesamento do fogo só en Gaza non podería durar moito tempo, e que Hamas usaría as operacións israelís en Cisxordania para xustificar as súas accións no Néguev occidental. Evacuar aos residentes que desexan saír da rexión castigada polos mísiles é unha actitude xustificada.

Esta poboación non é ningún escudo de seguridade; o feito de que o goberno non construíu suficientes refuxios axeitados, non os obríga a quedarse nas súas casas rezando para non seren alcanzados polo próximo Kassam. Trasladar momentaneamente aos habitantes interesados (do sur de Israel), a pensións no centro do país, resulta máis barato que iniciar unha gran campaña militar en Gaza; e non deterioraría máis a imaxe de Israel. Esta é unha rara oportunidade que se presenta para actuar en concordancia coa dirixencia mundial, a Liga Arabe e os palestinos pragmáticos, nun esforzo para acadar acordos a pesar da resistencia de Hamas.

Israel debe presionar para obter un armisticio total, incentivar negociacións coa Autoridade Nacional Palestina no marco da última iniciativa árabe de paz, esixir unha maior intervención americana e illar aos grupos radicais. Vai ser complicado anular os dous primeiros agasallos. Será difícil tamén saír da confusión á que fomos arrastrados por quen quería facer todo o posíbel para impedir iniciar negociacións serias coa Autoridade Nacional Palestina. Actualmente sería un gran erro se -despois de dous agasallos absolutamente innecesarios- o debilitado goberno de Olmert pensa que non lle queda outra opción que a de embarcarse nunha campaña militar que nin sequera el mesmo desexa. De calquera maneira, é difícil crer que aqueles que se equivocaron tan gravemente no verán de 2006 (pola segunda guerra no Líbano), acertarán nesta primavera de 2007.

sábado, maio 26, 2007

APARTHEID EN ISRAEL?



Aclaracións sobre o apartheid. Un bo vídeo sobre o apartheid sudafricano e a situación actual en Israel.

EMISIÓNS DE RADIO EN LADINO


La Emision "SEFARAD" en lingua Djudeo-espanyola, es un programaaparejado por Matilda i Rajel Barnatan, ke destaka la fruchiguozaerensia ke guadraron los djudios de Espanya, i ke la grande parte seyevaron kon sí a las sivdades onde se aresentaron enturando elMediterráneo , kontinuando kon este universo kultural. Aunados enKomunidades Sefaradis, arebivieron una kultura ispánika i djudia ,enkonsensiandose ke arebivían un trezoro uniko de memoria i rekreasion. Este legado valutozo es apresiado en muestros dias i despierta elancho intereso de ispanistas, investigadores i presonas ke dezeankonoser mas anchamente una kultura bazada en los uzos i kostumbre,folklore, tradisiones, ansi ke la gran diversidad del patrimoniomuzikal sefaradi. Los programas ,de media ora de turasión semanal, se emiten los lunespara Medyo Oriente i Mediterráneo; ansi ke los martes para elKontinente Amerikano, i konta kon el muevo espasio "Espanya Oy"

quinta-feira, maio 24, 2007

A ESTRATEXIA DE HAMAS



Por Floren Portero

Hamas, sábese incompatíbel con Al Fatah e busca a súa desaparición como alternativa política. As súas milicias demostraron un nível superior de formación e unha moral máis elevada. A súa expectativa de voto continúa medrando. Periodicamente asestan un duro golpe, ameazando e asasinando a cadros e dirixentes de Al Fatah. O presidente, Abbas, tivo que suspender a súa viaxe a Gaza ao descubrirse un intento de asasinato mediante a explosión dunha bomba colocada na estrada.
Após a presión chega a calma, en forma dunha tregua condenada á provisionalidade. A estratexia de desgaste contra Al Fatah ten un custo elevado para o goberno palestino. É o exemplo da profunda crise que vive ese pobo. Para contrarrestar esta imaxe e deixar claro que o problema segue sendo Israel, máis de 250 foguetes Kassam foron lanzados desde o 15 de maio sobre as poboacións israelís próximas a Gaza, en especial a cidade de Sderot. O impacto causado entre os seus habitantes é facilmente imaxinábel. Os foguetes Kassam teñen un obxectivo estratéxico: deixar moi claro que o levantamento do muro ou a retirada unilateral non garantirán a seguridade de Israel.
Co paso do tempo, tanto os foguetes de Hezbollah como os de Hamas, gañarán en alcance e precisión, atormentando á poboación civil israelí. Polo pronto, o goberno de Jerusalem lanzou 13 ataques de resposta contra persoas e edificios vinculados a Hamas. Pero a medio prazo, verase de novo abocado a penetrar en Gaza e no Líbano, coa conseguinte complicación da súa situación internacional e un maior número de baixas.
Hamas busca anular a Al Fatah e concentrarse na vitoria por desgaste sobre Israel, pero xurdiulle un novo competidor: Al Qaida. Abbas recoñeceu que xa estaba presente en Gaza e hai constancia dalgunhas operacións feitas en coordinación con Hamas, aínda que de xeito episódico. Ambas organizacións teñen estratexias diferentes. En Palestina, como no Líbano, os islamistas gañan en eficacia terrorista e en audiencia, pero se fragmentan, o que redundará na sáua contra.

quarta-feira, maio 23, 2007

O SIGNIFICADO DE PATRIA



Por Amós Oz

O dereito dos xudeus á Terra de Israel é comparábel a aquela dunha persoa que está case por afogarse e debe ter o dereito de aferrarse á única táboa que o poda salvar. Por causa da nosa conexión a ela, esta é a única terra á cal os xudeus puideron vir para establecer a súa Patria. Pero a terra non é "santa". É tamén a Patria Palestina, e iso xera un tráxico choque de dereitos...

Ser Xudeu
A patria dos xudeus non podía ter xurdido en ningún outro lugar que non sexa este. Nin en Uganda, nin en Ararat, nin en Birobidjan (1). Porque este é o lugar que os xudeus sempre buscaron ao longo da súa Historia. Porque non existe outro territorio ao cal os xudeus senten maxicamente fluído para establecer a súa Patria. Nese punto, fago unha distinción severa, sen remordementos, entre os motivos máis profundos do retorno a Sión e a súa xustificación para os demais. O desexo antigo é un motivo, pero non unha xustificación. O sionismo político fixo uso correcto da política, do nacionalismo relixioso e dos anhelos relixiosos mesiánicos. Pero a nosa xustificación diante dos habitantes árabes do país non pode basearse nos nosos vellos e morriñentas desexos.
Que son os nosos desexos para eles? O emprendemenro sionista non ten outra xustificación que o dereito dun home a apreixarse á única táboa que pode salvalo. E esta é unha xustificación suficiente. (Aquí, debo anticipar algo ao cal volverei máis adiante: existe unha enorme diferenza moral entre o home que se está afogando e abre un espazo para si mesmo na táboa de salvación, empurrando aos outros que están nela sentados ao lado -usando a forza-, e o home que ocupa a táboa enteira, guindando aos demais ao mar. Este é o argumento moral que se agocha por detrás do noso reiterado consentimento ao principio da repartición da terra. Esta é a diferenza entre tornar a Jaffa e Nazaret xudías e tornar a Ramallah e Nablus xudías).Non podo usar expresións como "terra prometida" ou "fronteiras prometidas" porque eu non creo en quen fai tales promesas.

Felices sexan os que creen, porque deles será a terra...
Por que deberían eles sentirse aborrecidos con cuestións morais e sobre o dereito dos outros? (Aínda que, tal vez, aqueles que creen en promesas deban esperar humildemente que o Autor delas decida cando terá chegado o momento adecuado para cumprilas). Benaventurados os que creen niso... O seu sionismo é simple e despreocupado. O meu é duro e complicado. Tampouco me serven os hipócritas que prontamente recorren á promesa divina e ao prometedor, a cada tropezo, obstáculo ou contradición interna de seu sionismo (e se alivian en cada Shabat, paseando nos seus automóbiles, coas súas esposas e fillos, facendo "turismo" na terra dos monumentos sagrados). En resumo, eu son sionista en todo o que concierne á redención do pobo xudeu, pero non cando iso torna a "redención da Terra Santa" (2). Nós chegamos aquí para vivir como unha nación libre e non para "liberar as terras que viven baixo a profanación do xugo estranxeiro", como Samaria, Gilead, Aram e Hauran, ate o río Eufrates. A palabra "liberación" aplícase ao pobo, non á terra e ás pedras.
Eu non nacín para facer soar cornos de carneiro nin para "purificar un legado que foi profanado por estranxeiros" (3). Por que aquí, entre todos os lugares? Porque aquí -e só aquí- os xudeus foron capaces de vir e establecer a súa independencia. Porque o establecemento da independencia política dos xudeus non se daría en ningunha outra terra. Porque este lugar foi o foco dos seus rezos e desexos. Para dicir a verdade, estes desexos estaban organicamente ligados coa crenza na promesa e en Quen a facía, no Redentor e no Mesías.
Existe aí, unha contradición? Como xa dixen, sentimentos relixiosos axudaron a un movemento secular e político a acadar un obxectivo histórico. Non milagroso ou mesiánico. A antiga nostalxia pola terra de Israel formaba parte da fe total na chegada do Redentor. A fe, ao lado dun destino común, mantivo a unidade continuada do pobo xudeu. Pero non esquezamos, nin permitamos que os outros esquezan: non foi Deus, nin o Mesías, ou unha milagre, ou un santo, os que conquistaron a independencia dos xudeus na súa propia terra -senón un movemento secular, político, con ideoloxía e tácticas modernas.
Polo tanto, o sionismo dun individuo pode ter fallas estruturais e eu non pretendo "lustrar" esa imperfección con frases e slogans. Acepto esa contradición, se é que ela existe, e digo: aquí estou. Na nosa vida social, no amor, na nosa actitude en relación aos outros e fronte á morte, nós, os non-relixiosos, estamos condenados a convivir con inconstancias e fallas. E iso serve para o sionismo tamén. Consecuentemente, o meu sionismo non pode ser "por enteiro".
Por exemplo: non vexo nada errado en casamentos mixtos ou na conversión, cando son ben realizados. Só os xudeus que escollen ser xudeus ou que son compelidos a selo, pertencen, na miña opinión, a ese tribo. Para eles, e só para eles, o Estado de Israel é unha posibilidade real. E gustaríame que se torne unha posibilidade atraente, fascinante. Non me considero xudeu en virtude da "raza", nin hebreo por ter nado na terra de Canaan. Escollo "ser" xudeu. Isto é, participar da experiencia colectiva de meus ancestros e compañeiros xudeus ao longo do tempo. Doutra banda, é unha participación selectiva: eu non aprobo todo o que eles aproban, nin estou disposto a vivir obedientemente o tipo de vida que eles viven. Como xudeu, non quero vivir entre estranxeiros -que perciben en min un tipo de símbolo ou estereotipo- senón nun Estado de xudeus. Este Estado só pode existir na Terra de Israel. Nisto, é o máximo adonde chega o meu sionismo...

Un Dereito Fronte a Outro

Tal como o vexo, a confrontación entre os xudeus que retornaron a Sión e os habitantes árabes do país, parece máis unha traxedia grega que unha épica do afastado oeste. É unha confrontación entre dereitos dun e doutro (se ben non debemos buscar nisto, unha simetría simplista). E, como en todas as traxedias, non hai esperanzas nunha reconciliación feliz, baseada nunha fórmula máxica e intelixente. As opcións están entre un cuarto de baño de sangue e un compromiso decepcionante, máis cuspido a unha aceptación forzada que un repentino avance en dirección a un entendemento mutuo.
É verdade, as disputas non son "simétricas". Non hai simetría entre as ávidas tentativas do sionismo en establecer un diálogo cos árabes locais e os dos países veciños en amarga e permanente hostilidade que os árabes, cos seus diferentes réximes políticos, mostráronnos durante décadas. Pero é un gran erro, unha simplificación grotesca, crer que a disputa basease na incomprensión. Baséase, si, nun pleno e completo entendemento: ofrecemos reiteradamente aos árabes a nosa boa vontade, boa veciñanza e cooperación. Pero non era iso o que desexaban de nós. Segundo a formulación árabe máis moderada, querían que abandonásemos a idea de crear un Estado Xudeu na Terra de Israel. E esta é unha concesión que nunca faremos.
É o máximo da inxenuidade pensar que, se non fose polas intrigas dos intrusos e pola torpeza dos réximes fanáticos, os árabes entenderían os aspectos positivos do proxecto sionista e caerían nos nosos brazos con amor fraternal. Os árabes non se opoñen ao sionismo por non entender, e si porque o entenden moi ben. E esta é a traxedia: o entendemento mutuo non existe. Nós queremos existir como unha nación, como un Estado Xudeu. Eles non queren este Estado. Iso non pode ser maquillado con frases elocuentes e sonoras. Nin coas nobres aspiracións de fraternidade dos xudeus ben intencionados, nin coas tácticas árabes de "nos contentaremos, nesta etapa, co retorno de todos os refuxiados á terra dos seus fogares previos".

Calquera busca dunha solución debe comezar cun troco fundamental de posicións, precedido por unha plena comprensión de toda a extensión da loita: un conflito tráxico, unha angustia tráxica.
Único lugar para ambos
Estamos aquí porque este é o único lugar onde podemos existir como nación libre. Os árabes están aquí porque Palestina é a Patria dos palestinos, así como Iraq é a Patria das iraquís e Holanda é a Patria dos holandeses. Preguntas sobre os bens culturais creados aquí polos palestinos ou a súa preocupación coa paisaxe e a agricultura, non son relevantes fronte á necesidade de discutir o seu dereito a unha Patria. Nin é preciso dicir que os preceptos palestinos non respectan a promesa de Deus a Abraham, as morriñentas poesías de Yehuda Halevi e Bialik ou as conquistas dos pioneiros sionistas. O discurso recente sobre a expulsión do pobo palestino en dirección a Kuwait, rico en petróleo ou ao Iraq fértil, non ten máis sentido que o do que falamos sobre a nosa propia emigración para o "Brooklyn xudeu".

Ignorantes e canallas de ambos lados poderían adicionar: "A fin de contas, estarán cos seus irmáns". Pero, así como teño o dereito de considerarme un xudeu israelí -e non un xudeu de Brooklyn-, un árabe palestino ten o dereito de considerarse un palestino, e non un iraquí ou kuwaití. O feito de que apenas unha minoría esclarecida de palestinos parecer ver as cousas dese xeito, non pode prexudicar o dereito nacional á súa autodeterminación cando chegue o momento.

Imos lembrar -con toda a reserva que esta comparación require- que só unha minoría de xudeus sionistas reclamaba o dereito de crear aquí, un Estado hebreo no nome do pobo xudeu, en beneficio de todos os xudeus que algún día irían adquirir a consciencia nacional.

Esta terra é nosa. Así como é deles. Un dereito entra en conflito co outro. "Ser un pobo libre na nosa terra" é un dereito válido universalmente ou inválido para todos. No que fai á guerra entre Israel e os estados árabes veciños -é unha consecuencia indirecta da confrontación entre nós e os palestinos. É claro que non podo fundamentar todo iso en termos de "devoción" e "fraternidade" por parte dos estados veciños para cos palestinos. Só quero salientar que a disputa en curso en Israel debe ser resolta aquí, entre nós e o pobo palestino.

Non existe traxedia nas nosas relacións co Cairo, Bagdad ou Damasco. A guerra que abren sobre nós é basicamente unha guerra de agresores sobre vítimas de agresión, aínda que os nosos veciños estean armados, como de costume, dunha retórica hipócrita. A traxedia árabe-xudía non se estende, consecuentemente, a todo o Medio Oriente, como sustentan os países árabes.

Ela está limitada a este país, entre o mar e o deserto...

Entre Dúas Posibilidades de Sionismo
Eu creo nun sionismo que encare os feitos, que exerza o poder controlado, que vexa o pasado xudeu como unha lección e non como un imperativo místico, nin como un pesadelo traizoeiro; que vexa aos árabes palestinos como árabes palestinos, e non como a reencarnación camuflada das antigas tribos de Canaan, nin como unha masa amorfa de persoas que esperan para que eles cedan da forma que nos pareza axeitada; un sionismo capaz de verse como os outros poidan velo.

E, finalmente, un sionismo que recoñeza tanto as implicancias espirituais como as consecuencias políticas de asumir que, esta estreita faixa de terra, é a Patria de dous pobos destinados a vivir xuntos, lado a lado, querendo ou non. Porque ningún Deus, ningún santo, vai xulgar os dereitos de cada un.
A vida de ambos, a vida de todos nós, depende do arduo, tortuoso e crucial proceso de aprender a coñecernos, uns aos outros, na curiosa paisaxe da terra ben amada.

NOTAS
(1) As tres localidades fan referencia a propostas para o asentamento de xudeus:Uganda: En 1903, o primeiro ministro británico, Joseph Chamberlain, suxeriu a Theodor Herzl que a Organización Sionista crease un asentamento xudeu autónomo nunha parte da África Oriental Británica (actual Quenia). Herzl aceptou a proposta porque quería ofrecer un alivio inmediato aos xudeus fuxitivos do leste europeo nun lugar relativamente próximo a Palestina. Prevía que o asentamento posteriormente conduciría aos xudeus á Terra de Israel. Cando Herzl presentou o "Plan Uganda" no VI Congreso Sionista, a oposición foi moi intensa e provocou unha ruptura entre os que aprobaron (os "territorialistas") e o resto, que o rexeitou. Os británicos reiteraron a súa proposta ao Congreso Sionista de 1905, onde os delegados deliberaron que toda a actividade sionista de asentamento se limitaría á Terra de Israel. Ararat: En 1825, Mordejai Noah (1785-1851), probablemente o xudeu máis influente no comezo do século XIX, adquiriu unha gran parte da Illa Grande, no Río Niágara, próxima a Búfalo. Chamouna Ararat e alá soñou establecer unha colonia agrícola xudía. Leo Hershkovitz escribiu: "A proposta xerou moitas discusións, a iniciativa non prosperou e as pretensións de Noah en tornarse gobernador foron vistas como ridículas. Despois do fracaso da tentativa en Ararat, medrou, máis fervorosamente, a idea da volta a Palestina como fogar nacional para os xudeus" (Enciclopedia Xudaica 12:1199). Birabidján: Zona da ex-URSS, no extremo oriental de Rusia. O comité central creou alí, en 1921, un asentamento agrícola xudeu. En 1934 foi declarado como "rexión autónoma xudía". Moitos xudeus soviéticos radicaronse alí e no seu apoxeo, a poboación xudía chegou a 20-30 mil. As expurgacións de Stalin en 1936-37 e 1948-49 puxeron fin, brutalmente, ao desenvolvemento da vida e cultura xudaicas de alí.(2) A "redención da terra" é mencionada no Levítico [15:24], con respecto ao ano do xubileu. A partir do comezo do Movemento Sionista, referiuse tamén á compra de terras en Israel para o establecemento de xudeus e o desenvolvemento agrícola.
(3) As frases citadas son típicas da retórica da dereita, inmediatamente despois da Guerra dos Seis Días, en 1967.

AS GRANDES PREGUNTAS DA HISTORIA


Por Marcos Valcárcel

Moito se ten escrito xa sobre o caso Günter Grass e a súa confesión sobre os seus anos de mocidade: ós 17 anos pertenceu ás SS hitlerianas. “Fun seducido por Hitler. Crer nel e na vitoria non cansaba, era facilísimo”, di o escritor alemán nun xornal. Pregúntase agora Grass por que non dubidou. Por que non preguntou por aquel profesor desaparecido ou por aquel compañeiro de clase que era Testemuña de Xehová e nunca máis volveu? Toda unha xeración foi seducida, sen facer preguntas. Non foi Grass o único: hai unha longa lista de escritores, filósofos, intelectuais, seducidos polo irracionalismo nazi. As preguntas facémolas agora: Carlos Casares escribiu Deus sentado nun sillón azul movido polas mesmas preguntas, despois de coñecer en Alemaña o palacio onde se tomou a decisión final: nin máis nin menos que eliminar toda unha raza, os xudeus, e seis millóns de persoas. Preguntas que renacen ó ver películas tan maxistrais como "O Pianista", de Polanski, que repoñen na TVG, baseada en boa parte nas súas lembranzas do gueto de Varsovia cando a persecución nazi: agardo que os mozos de hoxe si se fagan moitas preguntas. Porque, de certo, non temos outro antídoto posible contra a barbarie e a senrazón. l

ONDE FORON PARAR OS PACIFISTAS PALESTINOS?


Por que cando se trata de inxustizas que o propio establishment palestino xera no seu pobo, levándoo unha e outra vez ao desastre, este non se rebela? A explicación de que "así son os árabes" non é suficiente para explicar o fenómeno.

Por Moshé Elad

Ynet A mediados dos anos '90, co inicio da implementación dos acordos de Oslo, aos activistas de dereitos humanos nos territorios parecíalles que Palestina sería un estado occidental e democrático. Comezaron a fundar a sucursal palestina de B'tselem, a organización israelí de dereitos humanos, a publicar notas de investigación sobre o goberno e ate a atacar a altos dirixentes que se corromperon. Todo iso durou ate que se toparon da noite para a mañá encarcelados coma o último dos delincuentes, sufrindo torturas que lles aprenderon unha cousa ou dúas sobre a "democtatura" palestina.

Recordo ate como un membro do Parlamento, que se atreveu a dicirlle a Arafat que era un presidente corrupto, foi baleado nas súas pernas ese mesmo día por un membro dos aparellos de seguridade da Autoridade Palestina, e quedou eivado para toda a súa vida. "Como é que non foi liquidado?", preguntei. "Para que quede un monumento", contestoume. "Para que sexa un exemplo vivinte do castigo que lle cabe a quen protesta". A anarquía que domina na Franxa de Gaza xera unha vez vez máis a pregunta: como pode ser que un millón 400 mil persoas se rendan con tanta facilidade a unha situación imposta que lles arruína a vida, e son levados como gando humano a unha "masacre" socioeconómica? Máis dunha vez escoito a quen non coñecen os costumes palestinos, preguntarse en voz alta: por que cando se trata de inxustizas palestinas o pobo non se rebela? Por que non se levantan contra a súa situación desastrosa? Onde están os palestinos moderados? Quen o escusa explicando que se trata dunha sociedade árabe, recibe coma resuposta inmediata o exemplo libanés: en Beirut hai unha sociedade que sabe saír á rúa coas súas bandeiras e manifestarse cando se sente mal.

Musulmáns e cristiáns saíron xuntos a manifestacións xigantes contra Siria, contra Nasrallah ou incluso contra Israel. Entón, pregúntase o preguntador, ¿por que en Gaza non os poden imitar? En verdade, existe un limiar de protesta nos territorios, pero se desprega sobre escalas separadas: está a protesta "israelí", ideolóxica, que é moi activa, empapada dun discurso de odio que comeza á idade parvularia. Esta protesta exprésase nun abano moi amplo de actividades contra "o inimigo sionista", desde manifestacións na rúa ate cruentos atentados terroristas. Esta vía sempre está en ascenso, e a súa máxima expresión son a nais "misericordiosas" que aceptan enviar ao froito do seu ventre a suicidarse nas rúas de Israel como mártires da protesta.

No outro bando está a protesta "palestina". Protesta, dixemos? Unha charla queixosa de reclutas no Najal co seu comandante de pelotón soa máis forte. Houbo, durante os últimos anos, non poucos intentos de organismos israelís e internacionais de inducir á sociedade palestina a ser máis crítica e menos sumisa para cos seus líderes e gobernantes. Quixeron crear unha situación na que hoxe houbesen movementos como un Paz Agora palestino, un Meretz palestino, ou quizais un Yossi Beilin ou un Amir Peretz (o da Central Obreira...) palestinos.

Oficialmente comezou co proxecto "Xente para a xente", concibido en embarazo extrauterino polos acordos de Oslo. Máis tarde os institutos de investigación, organismos de asistencia e fundacións filantrópicas (como a de Jimmy Carter) inxectaron sumas astronómicas de diñeiro para que, chegado o día, os habitantes de Jan Iunis e Rafah puidesen berrar "Pan, traballo" ou efectuar unha revolución en vivo e en directo, como no Bucarest de Chauchescu. Que lles ocorreu a eses organismos? Foron acusados polos palestinos de ser enviados do Mossad ou de estar auspiciados pola CIA, e para xustificar a súa existencia, hoxe en día confórmanse coa loita polo acceso dos cantantes da Autoridade Palestina ao festival Eurovisión, ou na convocatoria da selección de fútbol conxunta israelo-palestina, que xogará con Ronaldo ou Bekham.

Non xurdiu unha esquerda palestina anti-establishment verdadeira; non xurdiu ningún sistema de protesta lexítima nos territorios. A protesta interna afogada provocou á fin e ao cabo que unha sociedade netamente civil, non relixiosa e non extremista, elixise a un movemento islámico radical, destrutivo, para que os represente ante o mundo occidental. Iso é protestar! Nada valen o fame, a pobreza, a falta de seguridade nas rúas, a parálise do sistema educativo e un 50% de desocupación, fronte a un póster do Hamás que festexa unha vitoria Divina nas rúas de Gaza. A sociedade palestina paga o prezo dunha división que tan ben lograran disimular durante anos.

Existen varias sociedades palestinas, unha distinta da outra, na súa narrativa histórica, na súa mentalidade e na súa concepción do futuro. Os habitantes da "Costa", por exemplo, que se converteron nos homes da OLP no exilio xordano-libanés-tunisiano, enarbolan ante todo a bandeira do dereito ao retorno, mentres que os da "Montaña", que nunca abandonaron os territorios, puxeron como alta prioridade o "Tzumud", unha permanencia firme cuxo principio é a loita polas terras na Marxe Occidental. Os palestinos se empecinan en saír ás rúas e protestar como un corpo único, porque non hai unha sociedade palestina única. Tamén pagan o prezo da súa propia propaganda de anos de duración, ou sexa: quen sementa unha propaganda de mentiras, que non se sorprenda dunha colleita con forma de guerra civil.

Os "palestinos moderados" do tipo de Saeb Erekat, Hannan Ashrawi e Nabil Shaat serven para seminarios en Harvard, non para xerar cambios. Superan ao esforzo de esclarecimiento israelí, pero non poden sacar a un só palestino ás rúas de Gaza. Que se esforcen. E cando triunfen, saberemos que hai ao lado palestino un verdadeiro socio para a paz.

*Moshé Elad foi alto oficial do exército nos territorios, e hoxe en día investiga á sociedade palestina no marco do Instituto Shmuel Neemán no Technion de Haifa.

segunda-feira, maio 21, 2007

TEMOS DEREITO A EXISTIR… AÍNDA


Por Noemí Serra. Licenciada en Filosofía e Letras
"A cuestión xudea é unha cuestión nacional; para solucionala debemos de facer dela unha cuestión mundial que deberá ser resolta nun consello de nacións civilizadas. Nós somos un pobo, un pobo”, Theodor Herzl, Estado xudeu, 1896.
Despois de ter sufrido moito máis da conta, de perder polo camiño a seis millóns de compatriotas nos campos de exterminio nazis e outros moitos, no campo de batalla, defendendo con firmeza as súas posicións en Israel, conseguiron a súa independencia. Contra todo prognóstico, xa que os mesmos americanos non o vían posíbel. Preferían ir sobre seguro, non arriscarse en aventuras que prexudicasen os seus intereses na zona. Maniobraron contra as aspiracións dun Estado xudeu, tan lexítimo como calquera outro, tan merecedor como as vidas que foron arrincadas pola forza, diante mesmo dos ollos impasíbeis de Europa…
O dereito a volver a casa despois de ter sido expulsado por outros ocupantes, o dereito de emanciparse da tolemia que asfixiaba a súa vida, sinalada como responsábel do sufrimento da humanidade. Grazas ao sionismo e a loita pola existencia, chegaron ate onde están agora. O sionismo –o dereito de existir dos xudeus como Nación– foi a clave para as súas aspiracións nacionais, cousa que non podemos dicir do catalanismo político de 1892 coas Bases de Manresa, as cales quedáronse niso, un intento, unha idea, unha intención.
Aquila covardía innata do vencido, daquel ao que o acomodaron demasiado e lle escuece o feito de perdelo todo en calquera arremetida. Choveron moitos intentos durante a nosa historia contemporánea, pero os cataláns saíron cada vez máis debilitados. Entre as capillitas supostamente independentistas, non hai quen se entenda. Todos levan a súa razón aos mítines, non se mesturan entre si; engánannos con múltiples nomes, para aparentar unha loita unida, chea de diversidade e cor. Os outros independentistas xa institucionalizados están máis pola poltrona que polas necesidades de Catalunya e prefiren ceder ás lambetadas e coaccións no nome da democracia e do bo xogo politico. Discuten polo liderado, por quen sae máis na televisión, por quen pode facer mellor papel como interlocutor e, quen se pensa que se pode sacar de onde non hai. E finalmente, queda a burguesía rexionalista que se escandaliza por calquera petición honrada, lexítima e digna, pero só se contenta con lamber o cu en troques dun ministerio e esquécese de Catalunya mentres están arriba do todo; pero cando están na oposición, envelenan os aires que sopran a favor da emancipación: recurtan un Estatut que esixiron a berros e que votaron eles, cando hai oito anos negáronse en redondo.
Aquel catalanismo xurdido após séculos sufrindo represión estranxeira, é un espellismo para a sociedade catalá que vive conformada e feliz; todo o mundo co seu coche e o apartamento na praia, que vai a esquiar ou que viaxa en vacacións, que conseguiron un estatus inmellorábel, deulle a costas á responsabilidade de poder mellorar como colectividade. Son coma parte da comunidade xudia americana, que viven coa costas recta e esváralles o que poidan facer os seus irmáns rodeados de perigos. Sufriran demasiado no seu antigo fogar europeo e non lles convén ou non lles interesa comprometerse. A pesar da moda cada vez máis furibunda de moitos cataláns empeñados en declararse antisionistas, deberían de recoñecer, sen ambaxes, a nosa semellanza; somos unha sociedade complexa, cunha vontade inmensa de existir máis alá de toda prohibición ou rabieta española.

PROBLEMAS LOXÍSTICOS DUN "FILOSEMITA".


Por Mihály Dés
En comparación con calquera outro tempo pretérito, a aceptación social dun suxeito "filosemita" mellorou considerabelmente: a súa mortalidade, por exemplo, parécese ao dos seus conciudadáns e a súa integridade física sería a envexa dos seus semellantes doutrora. Pero como un está educado no precepto da infatigábel mellora, permítome sinalarlles algúns puntos nos que poderiamos perfeccionar aínda máis, con especial atención ao referido campo loxístico.
Pero, ¿por que precisamente a loxística? (podería preguntar algún lector). Home (contestaríalle eu) desde o punto de vista do que nos reuniu aquí, a loxística é un terreo sumamente significativo. E vou porlles un exemplo concreto, porque tampouco vanme crer se lles digo iso de palabra de honor.
Trátase dun libro publicado en Zaragoza recentemente, xa que logo, en principio non hai ningún impedimento para corroborar as miñas afirmacións. Digo en principio, porque por mor dos amentados problemas loxísticos, se cadra custaralles topar devandita publicación. Case mellor, entón, que lles presente o libro.
As historias auténticas sempre parten dun pecado orixinal. No noso caso, este fai a súa aparición xa no mesmo título: "En defensa de Israel". Trátase dun volume colectivo no que dezanove intelectuais españois, cataláns e latinoamericanos (algúns deles xudeus) conxúranse para cumprir co prometido no título. Así é, xa o pillaron vostedes: Que se creron eses ao tratar de defender un país do que ate José Saramago abomina? Así que, tal como era de agardar, o proxecto non progresou. Ningunha editorial española ficaba disposta a prestar o seu nome a semellante fechoría, e iso que os seus compiladores insistiron durante máis de dous anos deica que o modesto pero temerario selo de Zaragoza, "Libros Certeza", terminou por apiadarse deles. O curioso é que a maioría dos autores (o mexicano Enrique Krauze, o uruguaio Roberto Blatt, os arxentinos Marcos Aguinis, Horacio Vázquez-Rial ou Marcelo Birmajer, os españois José Jiménez Lozano, Gabriel Albiac ou Reyes Mate, os cataláns Valentí Puig, Joan B. Culla, Pilar Rahola ou Vicenç Villatoro, entre outros) non só non teñen problema algún para publicar individualmente, senón que os seus editores perséguenos para sacarlles un orixinal e ate ofrecenlles contratos antes de que escriban unha liña.
Por suposto, as tribulacións loxísticas non cesaron cando por fin lograron publicalo. Segundo me comentaron os seus impulsores, ningún dos lugares onde habitualmente son presentados os libros en Madrid se prestou a tan desafiante acto. Finalmente, a presentación fíxose nun hotel madrileño, co segredo e as medidas de seguridade que corresponde a unha conspiración xudeomasónica.
Da distribución deste libro non podo achegar datos, pero se unha editorial maña tería problemas ate para colocar "O código da Vinci", poden imaxinar cal sería o destino desta obra subversiva. Por outra banda, o normal sería que un libro tan escandaloso, e asinado por un feixe de autores notábeis, chamase a atención. Non foi así, e aposto a que moi poucos de vostedes souberon da súa existencia. Tan firme e continuado rexeitamento non pode ser casual. Eu, que lin o libro, podo confirmar as peores sospeitas. Non sei nin por onde empezar.
Como tónica xeral, todos os autores amósanse doídos, ás veces ate irritados, por un suposto trato discriminatorio cara a Israel. É certo que ningún deles defende esta ou aquela política concreta, pero a diferenza da maioría dos adversarios de Israel, todos abogan polo seu dereito a vivir en paz e con seguridade. Aínda que sexa por pura astucia, tampouco ningún dos textos ten unha mala palabra para o Islam, os palestinos ou os árabes, e en cambio, a maioría deles reivindica a creación dun Estado Palestino. Esa sospeitosa xenerosidade vese empañada pola inclemente crítica dispensada ás organizacións terroristas, as tiranías islámicas que as amparan e a complicidade da maioría dos medios de comunicación de España.
E iso non é todo. Gabriel Albiac, por exemplo, ten a desfachatez de furgar nos escombros de Yenin (eses que inspiraron a Saramago a comparalo con Auschwitz) e demostrar con datos avalados polo Human Right Watch e a propia ONU, que o xenocidio que sacudiu aquela vez o mundo consistiu en 52 palestinos mortos, a maioría deles, terroristas activos e 27 soldados israelís. Krauze sinala a presenza dunha forte corrente política, mediática e intelectual en Israel a favor da paz, o consenso e as consiguientes renuncias, pero nega que exista a mesma actitude no lado palestino. Noutro rexistro máis historicista, o catalán Joan B. Culla intenta desvincular o sionismo (un movemento en orixe de esquerdas e ate igualitario) da lacra racista e xenocida coa que o cubriron as décadas. Varios dos autores (Aguinis, Blatt, Vázquez-Rial, Pilar Rahola) non teñen reparos en declarar que, para ben ou para mal, Israel representa a modernidade e a democracia na zona, e a súa caída suporía un irreparábel golpe para o mundo enteiro, incluídos os pobos árabes. Finalmente (para interromper nalgún punto estas xeremiadas), Valentí Puig chega ao extremo de falar de duplo raseiro, e apunta que as auténticas masacres de palestinos foron perpetradas polos seus rivais árabes (como en Xordania (1970) ou en Siria (1982)), cuxas ducias de miles de mortos non espertaron protestas comparábeis ás que provoca calquera acto de Israel.
Non é preciso seguir desenmascarando esta apoloxía colectiva dun país que, segundo unha opinión bastante xeneralizada, é o máis daniño, perigoso e racista do planeta, tal como o definiron, entre outros, máis de tres mil organizacións sociais no Congreso Mundial Contra o Racismo de 2001. En resumo: entraña "certas dificultades" facer públicas opinións coma o que representa "En defensa de Israel", pero non houbo ningún problema para editar libros que propoñen que os xudeus estaban detrás dos atentados contra as Torres Xemelgas. Chegado o caso, tampouco habería dificultade para publicar os ensinos de Bin Laden. Máis ben ao contrario. Como tampouco protesta ninguén polo feito de que o caso do neno da Garda (asasinado polos "malvados xudeus" con fins rituais) estea presente en varias edicións actuais dos contos e lendas de España. Outro exemplo topámolo na bibliografía dun ensaio que ven de publicar Riopiedras sobre "Os protocolos dos sabios de Sión" (Hadassa Ben-Itto: A mentira que non quixo morrer) na que aparecen varias traducións recentes dese terríbel panfleto antisemita.
Consciente da súa indefendíbel postura, o "filosemita" non pide moito á sociedade multicultural e pluridemocrática. Non vai ser tan parvo como para proporlle á opinión pública e mediática certa obxetividade, ou invitarlle a coñecer os feitos que con tanta paixón xulga. O filosemita do século XXI é moito máis modesto e conformaríase co mesmo trato que se lle dispensa a un antisemita. É unha simple cuestión de loxística.
EN DEFENSA DE ISRAEL. (Varios autores). 12 Euros.

ISRAEL E OS REFUXIADOS PALESTINOS

Por Amos Oz

Cada vez que os israelís escoitamos as palabras "o problema dos refuxiados de 1948", a inquietude e o rexeitamento prodúcennos un nó no estómago. Para nós, o "problema dos refuxiados" converteuse en sinónimo de "dereito ao retorno", e conceder aos palestinos o dereito a volver aos seus fogares orixinarios significa o fin de Israel.

Talvez chegue o momento de por en orde os nosos pensamentos, co fin de distinguir entre o problema dos refuxiados e o que se denomina dereito ao retorno. Porque o primeiro asunto pode e debe resolverse, pero non mediante o regreso dos refuxiados a un territorio do Estado de Israel con fronteiras fixadas por un tratado de paz. Hai que rexeitar a esixencia de que os refuxiados volvan ao territorio israelí porque, se así ocorrese, habería dous Estados palestinos e ningún Estado para o pobo xudeu.
Sen embargo, o problema dos refuxiados de 1948 precisa dunha solución. Ademais, resolvelo é de interese vital para Israel, porque mentres non se faga -mentres centos de miles de refuxiados palestinos podrecen nos campos en condicións inhumanas- non teremos paz.Quen é o culpable da situación dos refuxiados palestinos? Segundo Israel, a culpa é dos líderes palestinos, que iniciaron a guerra contra Israel en 1948, e dos propios refuxiados, que abandonaron os seus fogares presos do pánico. Segundo os árabes, Israel é culpable de ter expulsado de súas casas, con crueldade e pola forza, aos palestinos. Uns e outros teñen parte de razón: a contenda de 1948 foi unha guerra total, de pobo contra pobo, barrio contra barrio, casa contra casa. Nesas guerras, as poboacións son arrincadas dos seus fogares.
Nesa data, en torno a 12 localidades xudías, entre elas o barrio hebreo da cidade vella de Xerusalén, foron conquistadas polos árabes. Todas as poboacións xudías deses lugares foron ou ben asasinadas ou ben expulsadas á forza. Pola súa banda, centos de localidades árabes, habitadas por centos de miles de civís, foron privadas da súa poboación en 1948. Algúns desas civís árabes fuxiron e outros foron expulsados polo Exército israelí.Chegou o momento de recoñecer abertamente a nosa participación na situación dos refuxiados palestinos. Non somos os únicos responsables nin os únicos culpables, pero non temos as mans limpas.
O Estado de Israel é o suficientemente maduro e forte como para admitir a súa parte de culpa e para chegar á necesaria conclusión: é necesario que participemos do esforzo por reasentar aos refuxiados, no marco dos acordos de paz, e fóra das futuras fronteiras israelís que estes tratados fixen.Pode que o feito de que Israel admita a súa parte de culpa no drama dos refuxiados palestinos, e que exprese a súa vontade de soportar parcialmente o peso dunha solución, faga que o lado palestino senta un positivo estremecemento. Sería unha especie de gran paso emocional que facilitaría moito o diálogo futuro. Porque a catástrofe dos refuxiados de 1948 é a ferida máis sanguenta que sofre nas súas carnes a nación palestina.Na parte israelí existe a tendencia constante a pospoñer, tanto como sexa posible, a solución dos "problemas clave" do conflito: refuxiados, Xerusalén, fronteiras, asentamentos.
Pode que esta postergación fóra a ruína dos acordos de Oslo e, sen dúbida, non é boa para as negociacións, tal como agora se topan: a tendencia de Israel a evadir calquera conversa sobre os problemas principais fai que a parte árabe sospeite de que o que o Estado xudeu quere é tranquilidade, pero que non está disposto a chegar a unha solución global.Talvez valese a pena que os líderes israelís comezasen a discutir o problema dos refuxiados e que se ofrecesen a participar na súa resolución, é dicir, no traslado de todos eles desde os campos nos que na actualidade viven, e na concesión de traballo e de nacionalidade aos que desexen tela, dentro dos límites do futuro Estado palestino.
Evidentemente, para resolver o problema de xeito global, Israel terá que recoñecer a súa culpa parcial na Nakba palestina e a responsabilidade que soporta esa culpa. Para acadar a solución tamén será preciso tratar o caso dos centos de miles de xudeus que foron arrincados dos seus fogares nos países árabes, con todo o que iso implica.Israel, tanto por razóns morais como pola súa propia seguridade, debe buscar unha solución para o problema dos refuxiados de 1948. A solución terá un prezo que deberán de asumir o mundo occidental, Israel e os adiñeirados países árabes.
A violencia diminuirá e a desesperación que da lugar ao fanatismo comezará a esvaecerse cando eses campos de sufrimento e dexeneración escoiten que a súa vida nunha montaña de lixo está chegando ao seu fin. No que fai a Israel, aínda que asinemos acordos de paz con todos os nosos inimigos, nunca teremos paz a non ser que poñamos remedio ás penalidades dos refuxiados.

domingo, maio 20, 2007

HAI UN TEMPO, CASE TODOS ERAMOS PROSIONISTAS


Por Jaume Oliveras i Custa.
Historicamente, Catalunya foi un país prosionista, e incluso a recuperación do Estado de Israel foi empregada coma ilusionante exemplo de futuro. Agora, a tendencia está mudando. En Catalunya, case todos fomos prosionistas. Durante moito tempo foi unha maneira de ser e incluso viuse a formidábel historia do pobo xudeu como a transmutación do soño catalán, na resistencia e no proxecto de futuro. Ser nacionalista catalán era ver todas as virtudes daquel pobo vigoroso que loitaba por reconquistar a súa terra, que “chorreaba leite e mel” e que da nada rexurdía para ser un estado potente e respectado.
A mediados dos anos sesenta, os que nos desvelabamos no compromiso de futuro pasabámonos de man en man o ciclostilado "Justificació de Catalunya", prohibido pola ditadura, no cal mosén Armengou formaba o espírito resistente do pobo catalán e facíao partindo do exemplo do pobo israelí. Posteriormente, moitos nos confesariamos influenciados polo libro do mosén Berguedano, e ate o President Pujol recoñeceu como lle marcou profundamente a lectura na súa determinación política. É verdade que o sábado de Gloria –antes do Vaticano II non era sábado santo– os nenos saíamos a “matar xudeus”, pero faciámolo dunha maneira simpática, coma un xogo que nos permitía meter barullo e a marxe de calquera compoñente ideolóxico ou teolóxico. Non nos daba ningún medo os xudeus, e tampouco tíñamos odio ningún.
Despois, emocionaríamonos coa epopea cinematográfica de Exodus, de Otto Preminger, e iriamos descubrindo o terríbel viacrucis do Holocausto que nos esixía a solidariedade e facíanos expiar un certo sentimento de culpa colectiva. Por outra banda, simplicando excesivamente, rexeitabamos o panarabismo da ditadura franquista, e incluso vituperábamos a estética da Garda Mora do xeneral golpista. Seguro que todo viña de máis lonxe, e a historia demostra que, en Catalunya, os xudeus sempre conviviron en boa harmonía. A cultura das xuderías e a interrelación de xudeus e cristiáns foron boa mostra de iso, e as comunidades xudías sempre contaron coa protección dos Condes de Barcelona e Reis de Aragó, ate que a persistencia do inquisidor Torquemada conseguiu da raíña castelá, mal chamada Católica, o Edito de expulsión. O rei Fernando resistiuse a asinalo, ate que, a regañadientes, foi obrigado polo gran inquisidor. Pola contra, os cataláns viron con malos ollos á comunidade mourisca, contra a que deberon de loitar para consolidar a súa influenza no Mediterráneo e da cal a xente dos pobos costeiros houbo de protexerse polas constantes incursións da pirataría sarracena.
Non é preciso facer historia, pero a partir da destrución do Segundo Templo, o ano 70 da nosa era, e a gran diáspora, os xudeus viviron case vinte séculos dunha dificilísima loita para a supervivencia como pobo. Nunca tiveran a oportunidade que se lles presentou despois da Segunda Guerra Mundial, o reasentamiento na súa antigua terra. Pero o mundo cambiara moito, e unhas tribos árabes facían valer os dereitos adquiridos sobre un territorio histórico. Todo difícil de encaixar nun universo que se rexe máis pola razón da forza que pola forza da razón. Ademais, os intereses de terceiros, que contemplaban o escenario a partir dunha prudente distancia. E o longo conflito estaba aberto nun taboleiro complicado. Con todo, a razón dos aparentemente fortes é moito máis difícil de comprender que a razón dos aparentemente febles. E o forte, en ideoloxía, economía e tecnoloxía, é o pobo de Israel. Ademais, nun rosario de conflitos que xeran accións e reaccións violentas, a desproporción do forte e do feble é máis que evidente. Na espiral da pugna, é normal que moitos que se reflectían na tenacidade e a harmonía do pobo xudeu comecen a dubidar da súa estética de pobo escolleito.
De aquí ás seguintes preguntas, hai un paso: non ten o pobo palestino parte de razón?, e pódese consentir a (cando menos en apariencia) arrogante aposta do Estado de Israel?, e ademais non é xusto porse ao lado dos palestinos? Tempos difíciles para a lírica. As imaxes dos últimos días son bastante comprensibles para pedir unha toma de posición colectiva a favor da paz e do entendemento entre os pobos. Cada vez menos prosionistas e máis proárabes, os cataláns debemos de facer unha profunda reflexión que axude a rachar os esquemas da guerra, onde todo vale. E mentres imos mudando as nosas simpatías de futuro, debemos de vixiar non caer no antisemitismo. Xogámonos moito como para ser indiferentes.

sexta-feira, maio 18, 2007

O MEDIO ORIENTE SEN ANTEOLLEIRAS


Por Julio Patán

Na escueta presentación contida en “Quen somos”, o Middle East Media Research Institute, ou MEMRI (www.MEMRI.org), anuncia con sobriedade que o seu obxectivo é “explorar o Oriente Medio a través dos seus medios de comunicación”, ou sexa, tender “unha ponte” para superar a “brecha idiomática“ que separa a Occidente desta rexión. Así, o Instituto, con sede en Washington pero vocación cosmopolita, peitea a prensa escrita e a TV daquela zona e traduce a varias linguas europeas (inglés, español, alemán e francés, aparte do hebreo e o xaponés) cantidades masivas de información para poñelas ao alcance dos seus lectores, de balde e sen restricións.
As posibilidades de comprensión intercultural que abre un exercicio de tal natureza son amplísimas, un logro de suma importancia dado que, a partir da distancia, para a maioría dos lectores destas latitudes, incluso os menos prexuizados, o Oriente Medio resulta máis que intimidante.

Os resultados desta encomiábel labor? Moi diversos. O máis inmediato, que o lector destas latitudes confirmará, e que ten boas razóns para sentirse intimidado. MEMRI é unha fiestra ao horror.
A Idade Media na rede
Con toda a súa proclamada sobriedade factual, o Instituto, que se anuncia como “independente” e “non partidista”, de feito apontoa unha visión politicamente incorrecta do Oriente Medio. Como consecuencia, viuse envolto en polémicas bastante corrosivas desde o seu nacemento en 1998, como a que sostivo co xornalista do Guardian Brian Whitaker, que acusounos de ser unha especie de axencia de contrainformación israelí concibida para dar unha imaxe nesgada do que se di na zona. A verdade, sen embargo, é que a porción de realidade contida en MEMRI é moi extensa e fala por si soa, en xeral a berros.

O Instituto non se limita ao underground yihadista, aínda cando dálle seguimento de forma cotiá. A súa materia prima fundamental son a TV e os periódicos exipcios, iraquís, saudíes, israelís, turcos, libaneses, iranís, palestinos e xordanos, así como os dos países do Magreb e o Golfo Persico. Son en gran parte medios do mainstream local, que acadan a millóns de fieis e que, como é de rigor, rara vez atopan un contrapeso en voces opostas. Sobra dicilo, os resultados deste escaneo distan de ser alentadores. Aínda que agroman, sen dúbida, algunhas opinións moderadas –como mostra a sección “A reforma no mundo árabe e musulmán”–, máis comúnmente só pode falarse dunha moderación moi relativa, como a deses académicos da universidade Al-Azahr que acceden a discutir se a ablación é aceptada polo Corán.

Demasiado a miúdo, sen embargo, o que o visitante de www.MEMRI.org topa é simplemente odio: un odio sen cortapisas, ignorante e supersticioso, manifesto nun antioccidentalismo inverosímil de tan obsesivo (véxase o soponcio da prensa arxelina diante da aparición dunha Santa Claus nas rúas de Tizi Ouzo), nun manancial inesgotábel de teorías da conspiración e nun antisemitismo que transita das teorías negacionistas aos Protocolos dos sabios de Sión e ao medievalismo dun “investigador” convencido –díxoo en Nile Culture TV– de que os xudeus aínda practican os asasinatos rituais.
Estamos, como se ve, diante dun horror propio do Medioevo, pero difundido coas tecnoloxías do Occidente posindustrial, do que se aceptan os microchips e as satélites pero non os principios éticos ou políticos, porque eses si forob bicados polo diaño.
Mesianismo nuclear
Claro que se de horrores falamos nada comparábel o de Irán, que se distingue, máis que polo discurso dominante, no fin de contas homologábel co dos seus veciños, polo feito engadido de que está apiques de converterse nunha potencia atómica. Entre outras formas de clasificar a información que ofrece, MEMRI propón unha por países. Predeciblemente, o link para o dos ayatolás é a entrada a un mundo vasto e confuso que parece xirar en torno a tres obsesións: o programa nuclear, o milenarismo e o antisemitismo.
A información sobre o programa nuclear non engade nada á que ofrece calquera xornal occidental agás acaso un pouco máis de bravuconería, como ese discurso de Ahmadinejad que é precedido por unha ladaíña de condenas a morte aos Estados Unidos (“O odio e a ira de todos os musulmás se dirixe contra América, o réxime satánico e infiel”, por citar unha). Arrebatos como este dan un indicio do clima apocalíptico que permea os medios locais. Moito se discutiu sobre a presunta filiación de Ahmadinejad ao mahdismo, unha vella tradición milenarista chiita segundo a cal o decimosegundo imán, o Mahdi, que se agochou por instrucións divinas no século IX, está a piques de regresar á Terra para impor un reino de fe no que todos seremos felices e musulmás.
O aspecto máis inquietante desta utopía é que a súa instalación implica unha guerra de proporcións apocalípticas entre o ben e o mal. Por iso, asustan os recentes avisos de MEMRI sobre o novo auxe do mahdismo nos medios, coincidente con aquela afirmación de Ahmadinejad, fará cousa de ano e medio, durante unha intervención na ONU, de que Deus anunciáralle a chegada do imán. Este mesianismo explica a abundancia de teorías do complot destinadas a revelar que foron os propios norteamericanos os que perpetraron os atentados do 11-s, un tic discursivo coherente coa idea de que o Gran Satán é, literalmente, o Gran Satán, ou sexa, a antítese da fe, o mal puro. Pero o aspecto máis revelador deste clima mesiánico é a virulencia de seu antisemitismo. Non se trata só dun problema xeopolítico con Israel derivado da situación en Palestina, como repiten os comentaristas unha e outra vez. A xudeofobia é un furor en expansión que xeneraliza a idea conspiratoria de que a “entidade sionista” é un inimigo omnipresente e todopoderoso ao que é imperativo exterminar.

Alimentado polo propio Ahmadinejad, este furor inclúe congresos negacionistas, patoloxías como o concurso de caricaturas sobre o Holocausto do ano pasado e declaracións diarias como as do “comentarista político” que asegura que os xudeus están xenéticamente deseñádos para o crime. Se lémbramos que as tensións xurdidas en torno ao programa nuclear iraniano empezaron cando Ahmadinejad avisou da posibilidade de borrar do mapa a Israel e vexamos que desde entón a campaña antisemita non fixo máis que intensificarse, é necesario aceptar que o primeiro xenocidio atómico é unha hipótese que merece moita atención.

MEMRI parece destinado a converterse nunha desas referencias incómodas pero inevitábeis para calquera especialista. A súa ollada científica sobre o Oriente Medio o situa no centro dun debate que ten como escenario os medios e a academia, e como contrincantes a quen insiste en deslindar os horrores do islamismo do seu contexto cultural para buscar as súas raíces no Occidente cego e colonialista, e quen, ao contrario, prefire ver aos ollos, sen condescendencia, a tradición e a actualidade de sociedades que merecen ser tratadas como adultas responsábeis dos seus vicios e virtudes, igual que as nosas e que calquera outra. MEMRI é o horror visto sen anteolleiras. Un espectáculo desasosegante pero formativo que máis vale non evitar.

quinta-feira, maio 17, 2007

IMAXES TOMADAS POLO EXERCITO SOVIÉTICO NA LIBERACIÓN DE AUSCHWITZ.



Imaxes da liberación de Auschwitz tomadas polas tropas soviéticas.

NOVA NO DIARIO DE PONTEVEDRA (14.02.1900)




El Diario de Pontevedra, 14/02/1900 páx. 2.


Los judíos en Palestina.

Asciende el número de judíos en Palestina á unas 80.000, que viven en situación miserable. En Jerusalén constituyen la mitad de la población; se sostienen con un humilde trabajo, á cuyos productos hay que añadir las limosnas de los filántropos europeos.

Tienen 25 colonias agrícolas, que ocupan unas 25.000 hectáreas, y en las que viven 5.000 judíos. Reciben instrucción en escuelas de párvulos y adultos, parecidas á las escuelas europeas, de la cuales son una imitación.

La cultura intelectual se desarrolla por medio de bibliotecas, conferencias públicas, conciertos y representaciones teatrales, y en Jerusalén se publican tres periódicos hebreos, que instruyen á los colonos sobre cuestiones de cultivo agrícola.
En las colonias judías se habla el hebreo y el francés está muy extendido.

quarta-feira, maio 16, 2007

CARTA ABERTA A XOSÉ MANUEL BEIRAS


CARTA ABERTA A XOSÉ MANUEL BEIRAS
ACERCA DO DIREITO DE DEFESA DE ISRAEL

Por João Guisan Seixas
Este artigo apareceu, durante a Guerra do Golfo, num jornal espanhol (Diario 16, edição Galiza, 14 de Fevereiro de 1991, p. 2) como resposta a umas declarações públicas de José Manuel Beiras, dirigente do Bloque Nacionalista Galego (formação de esquerda nacionalista) em que afirmava ser Israel o “nazi” daquela contenda. Apesar dos 11 anos transcorridos, o texto parece, nas presentes circunstâncias (sobre tudo após as recentes declarações de José Saramago) não ter perdido nenhuma actualidade. Está escrito em galego “reintegrado”, quer dizer galego com ortografia portuguesa, graças ao qual acho que não será precisa nem sequer a “mínima tradução” consistente em mudar os frequentes “om” pelo usual “ão” português, ou algum outro detalhe particular de menor relevância. Outras referências, se calhar incompreensíveis, à actualidade política espanhola ou do momento, prefiro aclará-las em nota. Para os leitores mais jovens, ou de feliz falta de memória, lembramos que, naqueles dias enchiam os televisores imagens de rostos ocultos sob máscaras anti-gás por causa da ameaça de Saddam Hussein de utilizar armas químicas contra a população civil de Israel, e que nos Meios internacionais se debatia, sem pudor, a questão do direito de defesa de Israel.

É preciso ter cuidado nestes dias, mais que nunca, com o uso das palavras. As palavras, nestes dias, matam. Hoje, mais que nunca, devemos assegurar-nos, antes de falar, e mesmo antes de calar, de que, nem as nossas palavras nem os nossos silêncios, estejam a apontar contra algum inocente. Doeram-me de verdade as tuas declarações do dia 16[1], durante uma manifestaçom de alunos de BUP[2]. Como se pode invocar a racionalidade precisamente antes de dizer, sem mais, que os nazis desta contenda som EE.UU. e Israel? Triste destino o do povo judeu. Há 50 anos pretendeu-se eliminá-lo em nome do nazismo, e hoje ameaça-se com gaseá-lo de novo em nome do anti-nazismo!!!

Nom vale a pena entrar a discutir se os nazis desta guerra som Bush[3] e (sobretudo) Israel, ou se é Saddam Hussein. Se nom existisse nazismo hoje em dia, a melhor valia a pena tão penoso exercício. Mas o nazismo nom morreu. Existe, manifesta-se em vários países de Europa, nos mesmos EE.UU., e dedicou-se, nom há muito, a perseguir judeus em Argentina. Podes vê-lo qualquer Domingo nos estádios, com os seus símbolos e bandeiras inequivocamente despregados. Para que falar de que é, ou deixa de ser, nazismo? O nazismo será, sem dúvida, o que ele próprio manifestar que é. E o nazismo de hoje, como o de ontem, manifesta sem ambages o seu anti-semitismo.

Antes ainda podíamos fazer distinções como “eu estou contra o Estado de Israel, nom contra o povo judeu: sou anti-sionista, nom anti-semita”. Esta guerra, porém, nom acontece longe de nós, mas dentro das nossas consciências. Na longa noite do 17[4], em que a TV se colocou máscara anti-gás, muitos sentimos fenderem-se sem remédio tão frágeis esquemas sob os impactos dos mísseis de Saddam Hussein sobre a populaçom civil de um país menos envolvido do que Espanha nesta guerra. O apoio da OLP a Iraque, os berros palestinianos de “Gaseia-os, Saddam!”, devem provocar a reflexom a qualquer pessoa que nom tenha a alma sequestrada. Quanto a mim, polo menos, se um determinado esquema ideológico me levar a justificar um novo genocídio, a apoiar quem ameaça com armas químicas 5 milhões de judeus, só polo delito de o serem, nom me cabe dúvida de que tal esquema deve ser revisto até encontrar o ponto que conduz a semelhante aberraçom.

O racismo culpa as pessoas, nom polo que tenham feito, mas por aquilo que som. Um conhecido arabista (melhor seria dizer “pro-arabista”) declarava estes dias que Israel, ainda que nom disparasse um tiro, era o culpável do presente conflito dada “a natureza agressiva e expansionista do Estado de Israel”. Quer dizer: Israel é culpável de nascimento. Independentemente da sua actuaçom. Mesmo quando nom se defende, é ele o agressor. A palavra é sempre fácil para atacar Israel. As acusações, como as de Saddam ou as de Arafat, nom precisam de demonstraçom. Como é difícil, porém, defender Israel! Parece incluso impensável, inaceitável, por princípio, a sua defesa. Igual que se lhe nega o direito de defesa militar, nega-se-lhe o direito de defesa moral. Por que essa raiva acumulada, imotivada, à hora de falar do problema árabe-israelita? Por que essa paixom inchada ao se referir ao nacionalismo palestiniano, e essa indiferença face o nacionalismo curdo? A culpa de Israel nom radica naquilo que pode fazer ou deixar de fazer, mas em ser o que é: um Estado judeu. Os árabes, que tão bem suportaram a presença turca ou britânica em Palestina, nom puderom suportar, em 1947[5], nem 24 horas de governo judeu, apesar de que a maioria da populaçom o fosse, apesar de terem sido os próprios judeus os artífices da descolonizaçom de Palestina.

Nom disponho de espaço para tratar, nem sequer de modo superficial, da história do conflito árabe-israelita. Pretendo apenas despertar, no leitor, a dúvida. O mais curioso deste caso é que, segundo se defenda uma ou outra postura, som precisos diferentes fundamentos. Para ser pro-palestiniano nom é necessário saber nada, nem sequer as vinculações históricas do nacionalismo palestiniano com o nazismo (o nazismo real e auto-definido). Pode-se ser pro-palestiniano porque sim, automaticamente. Os judeus som culpáveis, como vimos, por natureza. Daí que, para defender Israel seja preciso, a contrário, argumentar, documentar, rebater, possuir sólidos conhecimentos de História, e cuidado com errar numa data, porque entom estaria plenamente justificado o extermínio. Que ninguém se atreva a defender, polo menos, o direito à vida dos habitantes de Israel, que ninguém ouse expressar um nojo que sei que, como eu, sentirom todos aqueles que ainda têm o cérebro, o coraçom e o estômago no seu sítio e nom trocados, parece-me estranho, suspeito de obedecer, antes que a critérios de juízo racional, a velhos preconceitos colectivos contra um povo que, desde há mais de 2000 anos, o Império Romano, o Mundo Cristão e o Mundo Árabe, têm eleito como bode expiatório dos problemas que eles próprios se criam.

Este nom pode ser o primeiro conflito absolutamente claro e evidente da História. Nom pode sê-lo até ao ponto de que uma das partes nom admita defesa. Isso nom é um juízo, é um linchamento. A moral do linchamento é a do nazismo. Eu só pediria que, antes de sentenciar um povo a morrer gaseado se perguntassem, durante uns minutos, as razões de tão cruel sentença. Nom se pode agora falar alegremente, dizer para desdizer, lançar bravatas sem critério. Isto nom som (ou som?) umas eleições municipais[6], mas uma guerra mundial. As palavras já nom as leva o vento. O vento está ocupado de mais levando mísseis.

Para que discutir se é Bush, Israel ou Saddam, o Hitler desta guerra? Se nalgum lugar se encontrar o nazismo, sem dúvida, é entre os seguidores de Saddam Hussein. Se nom mo crês, José Manuel, formula-o ao revés: tens alguma dúvida de que os nazis de hoje em dia estão a aplaudir todas as bestialidades de Saddam Hussein? Suspeito que, se há pessoas entre nós que apoiam Saddam Hussein, é porque há pessoas também que votam Ruiz Mateos[7].

Quando se profanarom cemitérios judeus na França, aqui houvo grupos que, por falta deles, se dedicarom a profanar cemitérios católicos. Há nas nossas ruas muitos nazis sem judeus, muitos sulistas sem negros, muitos radicais de qualquer radicalismo dispostos a descarregar as suas frustrações sobre a vítima que a voz de mando indicar. O nazismo que vem, nutrir-se-á dos restos do naufrágio da esquerda. Resulta patético que, tendo renunciado a transformar o mundo, a esquerda ressuscite agora velhos tiques só para justificar vilezas, preocupada antes por manter a sua coerência como grupo que a coerência com os seus princípios. Lá vão todos juntos: o Papa com Júlio Anguita[8], Cristina Almeida[9] com Le Pen. Pacifistas a apoiar regimes militaristas. Nacionalistas a defender o imperialismo, sempre que o imperador seja moreno e nom loiro. Feministas a entender o fundamentalismo. Católicos pós-conciliares a partilharem os pontos de vista do integrismo islâmico.
Lá vão todos, a arvorarem a bandeira da paz, que já nom é tão branca, pois aparece tisnada com os tons cinzentos de pólvora e de arame de espinhos do pano com que os terroristas palestinianos cobrem o seu rosto. Curiosas manifestações pacifistas aquelas que discorrem sob a bandeira de um dos combatentes e com faixas em que se lê OLP. Em que Língua do Universo “paz” se diz “OLP”? Só conheço uma OLP, que é uma organizaçom que chama à guerra e ao genocídio.

E ainda têm a ousadia de acusar os outros de “dupla moralidade” e “dupla linguagem”! A moralidade e a linguagem deles devem ser, entom, “quádruplas”. Nom pode haver mais torpe e mais nojenta manipulaçom da Língua. A prostituiçom da palavra “paz”. A utilizaçom da paz como arma de guerra. Camuflar canhões com flores. Com razom nom aparecem as baterias de mísseis[10]. Estão ocultas sob a pomba da paz, que choca as bombas. Parece-me bem que se suprimam os Carnavais[11] por causa da guerra. O que nom sei é se deveriam incluir dentro deles as manifestações pacifistas. O próximo Dia Internacional do Médio Ambiente, os ecologistas sairão à rua a berrarem por ventura: “Alto à agressom ianque contra a mancha de petróleo[12]!”. Nom pretendo pôr em dúvida o vosso esquerdismo, progressismo, feminismo, ecologismo etc. Mas, se fordes realmente tudo isso e, ao mesmo tempo, simpatizantes de Saddam, tendes que ser, ainda em cima, também um pouco Saddam-masoquistas.

Um judeu vienense chamado Sigmund Freud advertiu-nos, há tempo, de que os erros de linguagem escondiam ideias e lembranças que nós nom queríamos reconhecer. Na noite do 17 todos os locutores de rádio e TV, sem excepçom, atrapalhados polos nervos do momento, disserom alguma vez, em lugar de “máscara anti-gás”, nom só “máscara de gás”, mas “câmara de gás”, com todas as suas letras e lembranças. Podes negar, se quiseres, qualquer relaçom entre Hitler e os ataques e ameaças de Saddam Hussein. O nosso subconsciente sabe-o.

[1] De Janeiro. Dia em que finalizava o ultimato dado por EE.UU a Saddam Hussein para se retirar de Kuwait, e em que houve numerosas manifestações nos países ocidentais pedindo “paz”, sem atrever-se a confessar que pediam “paz” para Saddam (nom para Kuwait, para Israel ou para Arábia Saudita, países agredidos ou ameaçados por ele)
[2] Siglas de “Bachillerato Unificado Polivalente”, denominação esdrúxula dos cursos de Ensino Médio na legislação espanhola de aquela época.
[3] O pai do actual (2002) presidente dos EE.UU. de igual nome.
[4] A noite do 17 de Janeiro de 91 foi a primeira noite da Guerra do Golfo. Foi quando caíram os primeiros “Scud” sobre Israel e foi quando começou o pesadelo de nom saber se levariam ou nom carga química ou bacteriológica.
[5] Há um erro propositado na data de constituição do Estado de Israel. Introduzi-o para provocar a reflexão que se faz a seguir de que, para defender a causa palestiniana não é preciso saber nada do conflito, enquanto para defender Israel não se pode enganar a gente numa data. A função do “erro” era a de provocar esse preconceito na mente de um leitor que podia pressupor, sem muita margem de erro, contrário às minhas teses.
[6] Estava próxima a convocatória das eleições autárquicas na Espanha.
[7] Personagem estrambótica e populista. Empresário do Opus Dei que se fez famoso por perseguir, disfarçado de Superman, o ministro socialista que interviera os seus bens por insolvência, e que se candidatou para as primeiras eleições europeias obtendo um vaga em Estrasburgo. Não me ocorre nenhuma personagem portuguesa similar, mas pode haver com certeza.
[8] Dirigente então do Partido Comunista Espanhol e da coligaçom Esquerda Unida. Aqui ocorre-me um equivalente. Poderíamos tentar actualizar e aportuguesar a frase dizendo “Lá vão todos juntos: o Papa e José Saramago....”
[9] Deputada, naquela altura, da coligaçom Esquerda Unida e muito popular pelas suas inúmeras intervenções em programas televisivos. Podíamos tentar actualizar e aportuguesar a frase dizendo “....José Saramago com Le Pen”. Gostava também de ter que explicar quem era Le Pen, mas infelizmente não é preciso.
[10] Uma das questões militares, nos primeiros dias da guerra, era localizar as baterias de mísseis móveis com que Saddam ameaçava atacar Israel e outros estados (agora amigos) da zona.
[11] Tenha-se em conta a coincidência das datas (Fevereiro) com os Carnavais, cuja celebração fora suspensa, com efeito, naquele ano.
[12] Chegara a notícia, aqueles dias, de que Saddam tinha provocado derramamentos propositados de petróleo no mar para sabotar as plantas potabilizadoras de água marina de Arábia Saudita e que o exército coligado estava a lutar para a sua eliminação. Meses depois de acabada a guerra difundiu-se na televisão uma reportagem sobre a manipulação da informação em tempo de guerra em que se afirmava que aquela notícia fora falsa, uma simulação fabricada com imagens de arquivo.
Vários meses depois uma nova reportagem sobre a manipulaçom da informação nas reportagens acerca da manipulação da informação em tempo de guerra, veio dizer que a afirmação da anterior reportagem é que era uma simulação. Não sei se depois houve mais reportagens.

O MOVEMENTO KIBBUTZ VERDE


En Israel dáse un caso curioso de comunidades de traballo únicas polas súas especiais condicións e obxectivos politico-sociais. Trátase dos ''Kibbutzim''. O especial do movemento kibbutz de Israel reside no feito de que mentres que incorpora valores anarquistas no seu modo de vida, nunca tivo ningún vínculo real con movementos anarquistas. A literatura anarquista era moi común entre os fundadores do movemento kibbutz, que tiñan unha forte educación teórica socialista. A doutrina de Kropotkin, quen a finais do século XIX formulou a teoría anarco-comunista, influíu na adopción de principios comunais no primeiro "kvutzot" durante a primeira década do século XX.
De xeito semellante as opinións de Tolstoy tamén tiveron unha considerábel influencia nestes círculos. Co establecemento dos grandes kibbutzim [plural de Kibbutz] e a fundación dos movementos kibbutz nos anos 20, a influencia exercida polas opinións de Kropotkin, intensificáronse. Estas opinións loubaban o potencial social do Home e prevían unha sociedade de comunidades independentes unidas federativamente que involucrasen unha combinación de pobo e cidade, agricultura, industrias e obradoiros. Durante o mesmo período, Gustav Landauer e Martin Buber fixeron tamén un contributo significativo ao trasladar mensaxes teóricos anarquistas. Estes dous filósofos influíron profundamente nos primeiros membros de "Hashomer Hatzair" que fundaron o movemento "Hakibbutz Ha'artzi" que se converteu nun dos tres grandes movementos kibbutz.
Dos anos trinta en diante, anos de expansión e de institucionalización dos tres movementos kibbutz e a súa integración na construción e establecemento da comunidade xudea na terra de Israel, os matíces marxistas e socialdemócratas víronse reforzados e o vínculo coas teorías anarquistas viuse debilitado. Entre 1937 e 1939 organizouse un pequeno grupo de mozos anarquistas chamados "os Socialistas Ceibes". O grupo publicou un xornal no que imprimían extractos das obras dos teóricos clásicos anarquistas xunto con información actual sobre as actividades anarquistas na Guerra civil española. Entre os exemplos de vínculo coa teoría anarquista durante os anos seguintes está a publicación das obras de Kropotkin, e tamén a dedicación de tempo de estudo á teoría anarco-comunista en seminarios ideolóxicos do movemento kibbutz.
Debería salientarse que as institucións do movemento kibbutz co establecemento do Estado de Israel, o cal buscaba estar no centro dos esforzos nacionais, evitaron coidadosamente as definicións anarquistas debido aos seus evidentes connotacións perxudiciais [para o estado en canto movemento negador de todo estado]. Máis recentemente, sobre todo dos anos 80 en diante, ocorreu unha mudanza de actitude para a teoría anarquista. Distínguese unha renovada tendencia para a plausíbel contribución da teoría anarquista á consolidación de vida comunal voluntaria que soporta o desenvolvemento libre do individuo. Esta tendencia existe nun limitado círculo intelectual que está preocupado polo pensamento social tan superficial no movemento kibbutz e que busca as novas fontes de inspiración.
Hoxe en día, tamén, a dirección do movemento ten gran precaución no que fai ás definicións anarquistas debido aos mesmos motivos que caracterizaron esta precaución no pasado. (Yaacov Oved, Anarquismo no Movemento Kibbutz) O movemento dos Kibbutzim iniciouse no ano 1909 coa creación do kibbutz Degania. Hoxe existen 369 deles repartidos por todo o pais. A idea destas comunidades é a de crear unha sociedade baseada na igualdade cun espiritu natural de compartir os bens e de colaboracion mutua. A produción principal se basea na agricultura e gandeiría, aínda que co tempo, hai cada vez máis kibbutzim dedicados á industria e á fabricación de diversos produtos innovadores e outros relacionados coa agricultura.
Non todos os kibbutzim son modelo de benestar. En xeral teñen mitificado o traballo e tenden a ter unhas normas moi estritas con castigos para quen as incumpra. A partir da creación do estado de Israel en 1948 os kibbutzim pasaron a ser un dos piares básicos do novo estado. De alí saíron numerosos ministros, militares e presidentes de Israel. Por mor de isto e ao atractivo que exerce a civilización sobre os máis mozos o movemento decaeu. Pero non todo é así. Existen algúns kibbutzim que se saen deste esquema tan pétreo. É o movemento kibbutz verde. Son eles os que están recuperando todo o movemento. Os kibbutzim verdes son un tipo especial de ecoaldeas. Dos kibbutzim actuais salientar o kibbutz Samar, ao sur do país por ser o máis anárquico de todos. Aínda que todos eles en xeral son sen dúbida un modelo ilusionante e con futuro.

domingo, maio 13, 2007

ENTREVISTA CON SHLOMO BEN AMI NA TVG



Entrevista de Xosé Luís Barreiro a Shlomo Ben Ami no seu programa "Volver ao rego" da TVG.

ATE QUE ELES ACEPTEN A SÚA PARTE DE RESPONSABILIDADE


Por Shlomo Avineri
Os palestinos marcarán a celebración anual do Día da Nakba, o 15 de maio, como fixérono en anos anteriores. Debemos escoitar as súas voces. Como seres humanos e como xudeus debemos escoitar e estar atentos á dor do outro, aínda este outro sexa - neste momento - o noso inimigo. Sen embargo, debemos escoitar criticamente. Antes que nada podemos preguntar, por que o 15 de maio? Foi durante este día que o Mandato británico en Palestina finalizou e o Estado de Israel foi establecido. Pero a resolución das Nacións Unidas do 29 de novembro de 1947 tamén estipulaba que un estado árabe debía ser establecido sobre o resto de Palestina este mesmo día. Esta resolución deu o selo da aprobación internacional á creación de dous estados-nación no disputado territorio de Palestina.
Os palestinos tamén mencionan neste día o seu rexeitamento á resolución de compromiso proposta pola comunidade internacional, en forma do plano de partición? Con todo a comprensión e empatía debida ao sufrimento dos palestinos, o xeito como a Nakba, "a catástrofe", é presentada na narrativa palestina e panárabe ergue varias cuestións. É descrita como algo terríbel e malvado que pasou aos palestinos. Non hai ningún chisco de introspección, autocrítica e preparación para ocuparse da propia contribución dos palestinos á súa propia catástrofe. Podemos entender - sen xustificalo - o rexeitamento dos palestinos ao plano de partición, como podemos entender - sen xustificalo - a posición sionista revisionista que nega a partición. Pero a maior parte da comunidade xudía aceptou a idea. E se a maior parte dos palestinos a tiveran aceptado, un estado palestino independente ergueríase nunha parte da Palestina Mandataria en 1948, sen unha guerra e sen refuxiados.
Os palestinos non están listos para tratar con esta realidade complexa. Despois de 1948 bastantes libros foron escritos en árabe sobre o fracaso dos árabes na súa guerra contra Israel. Ate hoxe algún deses libros se ocupou da cuestión de se, quizais, os árabes se equivocaron ao rexeitar o compromiso - doloroso como era - da partición? Quizais eles terían feito mellor se, coma os sionistas, houbesen, apertando os dentes, aceptado un vaso medio cheo? Unha expresión moi usada na tradición xudía di "debido aos nosos pecados fomos desterrados da nosa terra." Esta expresión é relixiosa, pero indica que os xudeus viron o seu exilio dunha maneira autocrítica. Sería fácil, por suposto, culpar aos romanos e ás outras nacións do seu destino.
Pero a narrativa xudía non o fixo así e viu a ambos, a destrución e o exilio, como consecuencia, entre outras cousas, das propias accións e defectos dos xudeus. Cada nación, sobre todo a derrotada, vese como unha vítima. Pero a maior parte das nacións que foron derrotadas - Alemaña após a Segunda Guerra Mundial é un exemplo clásico - tamén se analizaron tras ela, a súa sociedade, os seus valores e as súas accións.
Lonxe das miñas pretensións asegurar que en 1948 os xudeus foron os "correctos" e os árabes os "equivocados". O que me preocupa a min e a outros israelís sionistas que desexan estar atentos á dor dos palestinos e están dispostos para axudar a rectificar inxustizas e aceptar un compromiso histórico, é a completa desgana dos palestinos en recoñecer que en 1948, eles e os seus líderes, cometeron un erro histórico terríbel - tanto de proporcións políticas como morais - rexeitando o compromiso internacional que lles ofreceron. É por esta razón que a habitual comparación dos palestinos entre a Nakba e o Holocausto sexa tan escandalosa.
Os xudeus de Alemaña e de Europa declararon a guerra contra Alemaña? Ofreceron aos xudeus do mundo un compromiso que eles rexeitaron? Os xudeus de Europa foron asasinados polos nazis porque eran xudeus. Que ten que ver isto coa decisión dos palestinos de rexeitar a oferta de compromiso das Nacións Unidas e ir á guerra? Non sería esaxerado dicir que non haberá ningún compromiso verdadeiro entre Israel e os palestinos sen unha preparación pola súa banda - aínda que sexa parcial, xa que "a verdade" é sempre complexa - para recoñecer que eles tamén son en parte responsábeis do que lles pasou en 1948.

sábado, maio 12, 2007

CATALANOFOBIA E ANTISEMITISMO


Por Oriol Pi de Cabanyes


Unha cultura é un carácter, unha maneira de entender o mundo e, en consecuencia, unha maneira de facer as cousas. Unha cultura é tamén unha economía, o resultado dunha actitude fronte á realidade material. Os cataláns tivemos, históricamente, o enaltecemento do traballo, mentras que, según observou Jaume Vicens i Vives, "os casteláns, de ascendencia trashumante e nómada, coma ben os definiu un deles, o profesor Carande, viven o día ao día e non conciben os valores económicos sen asocialos a algunha gran máquina xeral, xa reciba o nome de Honrado Concejo de Mesta, Casa de Contratación, Reales Fábricas ou ben INI. Están definidos polo espírito, a mentalidade e o xogo político da máis famosa das súas institucións: la Mesta. Os encontronazos entre ambas concepcións do traballo -para o castelán, un castigo divino; para o catalán, un signo de elección-, ainda que por pequenos no entraron no campo da historia, sí comportan un valor extraordinario que non saberíamos reducir". Sería de gran interese un estudo da historia das mentalidades que fora capaz de datarnos a orixe do prexuizo que vincula ao catalán co fenicio, o comerciante ou o tendeiro. O prexuizo que vincula aos xudíos e diñeiro é medieval, e de fundamento relixioso. Mentras que os cristiáns (debido a unha interpretación moi restritiva e integrista da relixión) non podían deixar diñeiro a interese, os xudeus non só se dedicaban a iso senon que se enriquecían. Por iso, o antisemitismo funde as súas raíces na envexa e o resentimento. O artigo profundiza nestas cuestións.
Descargar o artigo completo (PDF, 80 KB).